música

Mostrando entradas con la etiqueta ESQUÉCETE DO ABURRIMENTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESQUÉCETE DO ABURRIMENTO. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2020

ESQUÉCETE DO ABURRIMENTO



ESQUÉCETE DO ABURRIMENTO !



Bos días chámome Sara e hoxe tráiovos unhas ideas 

que podedes facer para non aburriros, con cousas 

que temos na casa.



BOTE DE CORDA



 MATERIAIS:


Unha lata ou unha botella, corda ou lá, silicona 

quente e adornos (opcional).



INSTRUCCIÓNS:


1)  Se o vas facer cunha botella corta á medida que 

queiras face-lo bote, se o vas facer cunha lata 

escóllea da medida que desexes.



 

2)  Unha vez feito este paso colle a pistola de 

silicona quente e pon un puntiño ao principio de 

todo.



 
3)  A medida que vaias poñendo a silicona vaite 

enrolando a corda ou a lá.



4)  Unha vez que teñas todo o bote cuberto da lá,

remata poéndolle adornos para que quede máis

bonito( este paso é opcional ). 





 


TARAAAN!!!!!


       E así sería como vos quedaría.

   
ESPERO QUE VOS GUSTE!!


Recomendacións:


 
Cando vaias pega-la corda ou a lá coa pistola de 

silicona vaite poñendo puntiños, non poñas moita 

silicona para un acabado moito mellor.

 


Se queres podelo lavar ou pasar un trapo húmido o 

que tes que facer e misturar 50% cola branca e 50% 

auga, e cun pincel cubrir toda a superficie do bote.

 
Non te preocupes se ao principio queda branco, a

cola ao secar transparéntase.