música

Mostrando entradas con la etiqueta Moda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Moda. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de febrero de 2013

Ponte gafas e... triunfarás!


    Coñecedes iso que algunha  xente di de "e que as gafas non me gustan"... "son feas e quedan mal"... "as gafas son para os empollóns"... e demais tonterías? Pois rematáronse! Agora as gafas son a moda. Todos queren poñelas e levalas. Pero que pasa se non as podes usar porque a túa vista é perfectísima? Pois non tes problema xa que hai gafas sen cristais tan bonitas e modernas coma as outras, e por só 1 euro!
Xa sabedes, acompañádenos nesta nova moda e... TODOS CON GAFAS!!


Queredes saber quen inventou os primeiros lentes?

Dos monóculos aos  multifocais As lentes de lectura son unha das invencións máis importantes dos últimos 2000 anos.
 Sábese que Séneca, estadista, dramaturgo e filósofo romano,utilizaba un globo de vidro cheo de auga como unha lupa para ler todos os libros en Roma.Sábese que ao redor do ano  1000, os Sopradores de vidro en Italia foron produtores de pedras de vidro, para ler, como unha lente, semellante ás lentes actuais.
 
O italiano Alessandro Della Spina, frade da cidade de Pisa, proxectou o "roidi di Ogli" (discos de ollo), considerado por algúns como o primeiro par de lentes da historia .

 
 
Os lentes de sol son unha invención chinesa. A súa aparición remóntase ao século XV e tiñan a intención de ocultar a expresión dos ollos dos xuíces durante os xuízos. Non foi ata 1930, cando se comezaron a usar para protexerse da luz solar, sobre todo cando os  a Forza Aérea dos Estados Unidos comezou a usalos para as súas manobras .
                 



 

viernes, 22 de febrero de 2013

E por fin, as katiuskas!!

Pensáchedes que nos esquecéramos verdade? Pois non, como ben sempre se di: o bo faise agardar!
Eiquí tedes a nosa recomendación visual do ben que sentan as katiuskas. Tamén para que vexades como sí que están á moda, xa que moita xente as leva. E ademais serán as vosas mellores amigas os días de choiva.
Rematouse iso de esquivar charcos de auga e de mollar os pés os días de choiva!




Se vos gusta e inda non as tedes, apuntádevos á última tendencia en botas!!
E para confirmar iso de ..."non te deitarás sen  saber tres ou catro cousas máis", prestade moita atención á nosa investigación.
                  De onde ven o nome de katiuska?
As botas de auga naceron para a práctica de actividades relacionadas coa auga,como a pesca.Necesitábase un tipo de calzado que puidera introducirse en ríos e non deixara pasar a auga.Por entón  eran grandes botas que se suxeitaban cuns tirantes  aos ombreiros.Con esta idea adaptáronse os zapatos de muller que posteriormente servirían como calzado para a choiva.Pero  por que se chaman katiuskas? O seu nome proven da zarzuela katiuska,de Pablo Sorozabal.A protagonista aparecía no escenario con elas e dende esa e ata hoxe todo o mundo utiliza ese nome para referirse ás botas de auga.
   Que vos parece a información?

E por si queredes coñecer algo da zarzuela "katiuska" aquí vos deixamos un fragmento.

 Ah! e por si non vos chegou, que saibades que katiuska é un hipocorístico (xa sabedes, un diminutivo cariñoso ) de Caterina. 

jueves, 7 de febrero de 2013

moda inglesa.

DISFRAZ MODA INGLESA


Olaaa!!!! Somos Ana e Paula , e traémosvos ... A MODA INGLESA!!!

Para ir desta forma , necesitades:

Para os rapaces  :

- Camisa a cadros.
- Pantalón liso. 
- Pajarita(a máis fácil, podédela facer con papel PINOCHO)
- Gorro negro (tipo charls chappling)

É MOI ESTUPENDO E CREATIVO!!!

Para as rapazas :

- Falda a cadros.
- Camisa lisa.
- Corbata.
- Para o pelo , unha coleta nin alta  nin baixa , á altura media , con un lazo vermello... VOALÁ!!!

Esperamos que vos gustara e ... ATA OUTRA!!       




 

miércoles, 6 de febrero de 2013

ENTROIDO



ENTROIDO NO AREALONGA
 

Ola de novo!!!! Aquí Iria , Ana , Paula e Pablo, para recomendarvos disfraces xa que se acerca o entroido.