música

viernes, 22 de febrero de 2013

E por fin, as katiuskas!!

Pensáchedes que nos esquecéramos verdade? Pois non, como ben sempre se di: o bo faise agardar!
Eiquí tedes a nosa recomendación visual do ben que sentan as katiuskas. Tamén para que vexades como sí que están á moda, xa que moita xente as leva. E ademais serán as vosas mellores amigas os días de choiva.
Rematouse iso de esquivar charcos de auga e de mollar os pés os días de choiva!




Se vos gusta e inda non as tedes, apuntádevos á última tendencia en botas!!
E para confirmar iso de ..."non te deitarás sen  saber tres ou catro cousas máis", prestade moita atención á nosa investigación.
                  De onde ven o nome de katiuska?
As botas de auga naceron para a práctica de actividades relacionadas coa auga,como a pesca.Necesitábase un tipo de calzado que puidera introducirse en ríos e non deixara pasar a auga.Por entón  eran grandes botas que se suxeitaban cuns tirantes  aos ombreiros.Con esta idea adaptáronse os zapatos de muller que posteriormente servirían como calzado para a choiva.Pero  por que se chaman katiuskas? O seu nome proven da zarzuela katiuska,de Pablo Sorozabal.A protagonista aparecía no escenario con elas e dende esa e ata hoxe todo o mundo utiliza ese nome para referirse ás botas de auga.
   Que vos parece a información?

E por si queredes coñecer algo da zarzuela "katiuska" aquí vos deixamos un fragmento.

 Ah! e por si non vos chegou, que saibades que katiuska é un hipocorístico (xa sabedes, un diminutivo cariñoso ) de Caterina. 

4 comentarios:

  1. Que bonito! y que cantidad de botas distintas...

    ResponderEliminar
  2. ¡pues sí uqe llevamos botas en el Arealonga!¿y por q tuvistis que venir a pillarme comiendo?XD

    ResponderEliminar
  3. Lean estabas comiendo?

    ResponderEliminar
  4. k wapa estaba Candelaaaaaaaaaaaaaaaa jajajajajajajajajajajajajajaja XD
    de parte de Noelia quintoce

    ResponderEliminar