música

domingo, 3 de febrero de 2013

Maruja Mallo








Ola ghaliartistas, aquí estamos de novo Alexia e Aitana e ímosvos a a falar dunha famosa artista galega: Maruja Mallo. Isto vai polos que non a coñecen.
Eiqui tedes a súa biografía:


Maruja mallo




En 1922, con 20 años, trasládase a Madrid para estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde estudou ata 1926, como tamén fixo o seu irmán dende 1923. Alí relaciónase con artistas, escritores y cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano o Rafael Alberti, co que mantén unha relación ata que aquel coñece a María Teresa León. En 1927 toma parte activa na primeira Escuela de Vallecas, unha proposta 'plástico-poética' do escultor Alberto Sánchez Pérez e o pintor Benjamín Palencia.[2]    



Maruja Mallo            Traxectoria

Foi a cuarta filla do matrimonio formado por Justo Gómez Mallo e María del Pilar González, y irmá maior do escultor Cristino Mallo (nado en Tui en 1905). Os dous irmáns utilizaron o segundo apelido do seu pai.
Sendo aínda unha nena a súa familia trasladouse á localidade asturiana de Avilés.
Durante esa década de 1920 traballa asimismo para numerosas publicacións literarias como La gaceta literaria, El almanaque literario ou a Revista de Occidente e realiza portadas de varios libros. Ortega y Gasset coñece os seus cadros en 1928 e organízalle unha exposición nos salóns da Revista de Occidente. Exhibiu dez óleos que representaban pobos cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cine de principios de século. A exposición foi todo un acontecimento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruxa fose xuzgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.
Unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios permitiulle ir a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñece a Max Ernst, René Magritte, Joan Miró Giorgio de Chirico e outros), e participa en tertulias con André Breton e Paul Éluard. Muda a súa concepción sobre a pintura, alí comeza a súa etapa surrealista. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzó a mestría, tanto que o mesmo Breton comproulle en 1932 o cadro titulado Espantapájaros, obra poboada de espectros que hoxe é considerada una de las grandes obras do surrealismo.

Volta a España                

De regreso a España comprométese coa IIª República, e dá clases de pintura en Arévalo (Ávila) e Madrid. A Guerra Civil cóllea en Galicia, mais logra escapar a Portugal.
Con axuda de Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa[3], logra viaxar ata América. Acaba por instalarse na Arxentina. A chegada de Perón fai que marche aos Estados Unidos, e instálase en Nova York. Porén en 1965 decide regresar a España, e fixa a súa residencia en Madrid.

 

 Última etapa e pasamento          

En 1979, comeza a súa última etapa pictórica con Los Moradores del vacío. Tiña daquela 77 años, mais aínda conservaba o frescor e a vitalidade que a acompañaran toda a súa vida. Na década dos 90 ofrecéronlle varias exposicións e premios, como a Medalla ao Mérito nas Belas Artes e o Premio de Artes Plásticas de Madrid. Cunha exposición monográfica da súa obra inaugurouse o Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, en 1993.
Meses despois falece en Madrid aos 93 anos.

 Algunhas obras

  • La Verbena     
  • La huella       


  • Cabeza de mujer 
  • Máscaras       
  •  
  •  
  •                                   
  • El racimo de uvas
  • Oro                  
  • Agol
  • Geonauta

4 comentarios: