música

lunes, 25 de febrero de 2013

150 aniversario de CANTARES GALLEGOS

Rosalía de Castro
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
.........................................
Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Adios Virxe da Asunción,
branca como un serafín;
lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!

                      SAMUEL SABARÍS ARAGUNDE

Biografía de Rosalía de Castro



                             ROSALÍA DE CASTRO
Naceu en Santiago de Compostela. Foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita. Filla de pais descoñecidos. Moi pouco se sabe da  súa educación.  Sábese que na escola mostrou talento de versificadora. Tamén lle gustaba o debuxo, a música e a declamación.

Rosalía de Castro casouse con Manuel Martínez Murguía, erudito cronista de Galicia. Ao ano seguinte Rosalía da a luz a su primeira filla, Alejandra, e logo seguíronlle 6 máis. O seu domicilio cambiou varias veces, entre Madrid e Simancas. Rosalía nunca disfrutou de boa saude. Luchou sempre contra enfermidades, e a miudo coa penuria,  dedicada ao seu fogar, aos seus fillos e a seu marido, nunca aspirou á fama. Seu marido foi quen a convenceu para que publicara súas obras. Murreu de cáncer aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón, a cal hoxe é un museo. Todos seus fillos morreron antes que ela, sen poder deixar herdeiros.