Benvidos a tod@s ao noso ghaliñeiro máis poético!!!!
Aquí tedes as poesías seleccionadas para que vós votedes cal é a vosa preferida.Haberá premios para as máis votadas e tamén un sorteo para todos os que participáchedes co voso voto.
Nº1 A viaxe do león
Alá vai o señor león,
á selva en avión.
Na metade da súa viaxe,
vai en carruaxe.
Ao final do seu traxecto,
comeza un gran proxecto...
viaxará a Oregón
nunha fermosa embarcación.
E cando remate o seu plan
preparará un bo flan.
Para a cama marchará,
e un novo día comezará!!!!!
Nº2 GOLFO,MEU AMOR
Golfo ,meu amor
gústame a túa cor,
é como a do fume
ou parécese á do lume?
Es como unha besta,
ves conmigo á festa?
non podes parar?
estasme a cansar!!
Quérote,enano
pero eres coma un grano.
Amor , non me deixes,
Quérote un feixe!!!
Nº3 O MEU XURELIÑO
Marco chegou en marzo
e para min foi un frechazo,
gústame como me mira
Nótase que me admira.
De lonxe quérote moito
de lonxe con máis razón,
e se un día non te vexo
párteseme o corazón.
Dalle luz á miña vida
e por iso estoulle agradecida.
É o noso xureliño
e dende aquí mándolle un biquiño.
Nº4 MINECRAFT
Os monstros non dan medo
por iso eu estou ledo.
Podes estar en creativo,
pero non sexas repetitivo.
Eu prefiro o intuitivo
pois en supervivencia non sobrevivo.
Nelly,Pablo,Miguel,Kevin e Daniel,
e seguro que máis xente xoga con el.
Nº 5 A MIÑA VIDA
Vou contar a miña vida
pero ainda non sei o final,
empezarei polo principio
agardo no me equivocar
Ten momentos dulces,
momentos moi amargos,
momentos arrogantes
que sempre me fan dano.
Ninguén ten unha vida perfecta,
iso o temos que recoñecer.
Pero iste agasallo tan grande
Témolo que agradecer.
Vou contar a miña vida
e ainda non sei o final.
Empezarei polo principio
e gustaríame nunca acabar.
Nº 6 OS MEUS DESEXOS
No meu aniversario.pido por favor
que se cumpran os meus desexos
e que teña todo bo arredor.
O meu primeiro desexo
é moi curto e glamuroso.
máis que é un vestidiño.
cun fermoso cadeliño.
O meu segundo desexo
non é normal,
máis que quero ir a Marte
a aprender cociñar.
O meu terceiro desexo
é moi fácil de dicir,
máis quero ir
a Disney Land Paris.
E o último desexo
é o máis especial,
máis que só quero
a felicidade disfrutar.
Nº 7 O AMOR
O amor é verdadeiro
cando o sintes
non é un letreiro.
O amor é fermoso,
cando o notas
o corazón non ten reposo.
O amor é doce,
cando o percibes
a alma escoce.
O amor é precioso,
cando o ves
é gracioso.
Nº 8 UNHA FLOR
Unha cousa que non se entende,
pregunta e se atende.
Unha cousa que non podes ver,
mira e mira ben.
Esta flor ninguén a entende
por ser amarela e verde
e ten o talo avermellado
e os dentes ben formados.
Unha princesa,
busca unha estrela
e nunha flor,
o amor.
Encontra o seu principe soñado
baixo un ceo estrelado.
Nº 9 NA ALFOMBRA
Na alfombra vermella
se asomaba unha folla
cunha caracola
é tan bella como unha papoula.
Na alfombra verde
a miña tía se perde
porque ela está xogando
e non atende.
Nº 10 NO COLEXIO AREALONGA
No colexio Arealonga
hai un elefante cuhha trompa
e cunha pelota.
No colexio Arealonga
hai un can saltando a comba
e unha señora xorda.
No colexio Arealonga
hai un can entrando pola porta
e moitos nenos xogando á comba.
No colexio Arealonga
pasámolo bomba
cantando e xogando
e saltando á corda.
No Reino dos Cempés
os nenos nacen do revés
e non bailan con dous pés
senón que bailan cun gato siamés
No Reino dos Cempés
dous e dous son tres,
pero as cousas como ves
están sempre do revés.
No Reino dos Cempés
Cincenta perde un pé,
o ano ten un mes
e ninguén é cortés.
Nº 12 UN DÍA PERFECTO
Esta era unha princesa
moi bela, moi tesa.
O día de Santa Rita,
a princesa queres unhas margaridas.
As veces ponse feliz,
ao ver o seu xardín.
A princesa meteu un triple,
mentres mascaba un chicle.
A princesa é moi graciosa,
e sempre é moi agarimosa.
Este é o compás que xamais
a princesa comprenderá.
E así rematamos este día
Nº 13 AS FLORESNo día de Santa Rita
collimos unha margarida.
E nese fermoso día
fixemos unha linda poesía.
Despois collimos tulipàns
coas nosas propias mans.
No día de San Antón
collimos un clavelón,
vermello, azul e amarelo,
tamén da cor do pomelo.
No día de Santa Rosa
collimos unha mariposa.
E para rematar o día de San Xoán
comemos mazapán.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarIsto é un adianto para que saibades como participar.Tedes que poñer o voso nome e apelidos xunto co número da poesía á que lle queirades dar o voso voto,fixádevos no exemplo:
ResponderEliminarOla son Pepito González Pérez de 4ºA e o meu voto é para o número 6.
Hola, son Alexia, vou no instituto, o meu voto é para a 7
ResponderEliminareu boto para o 10
ResponderEliminaro 10
ResponderEliminar