música

jueves, 18 de junio de 2020

Reto superadoooooooo!!!!!

Reto da zapatilla do profe Adrián!!!

 

Que vos parece? Este reto está máis que superado . Fixádevos na axilidade de Lucas .

 Quen se atreve a superalo???



martes, 16 de junio de 2020

XA TEMOS GAÑADORES!!!!!!!



Y AHORA, ¿A QUIÉN MIERDAS VOTO? — REINAS Y REPOLLOS               VOTACIÓNS
         da CARACOLA LOLA


Xa chegou o momento, aquí tedes algúns dos votos dos vosos contos.


 votos                       10 puntos    6 puntos    3 puntos
---------------------------------------------------------------------------------
"Queixo de Arzúa"        nº 13          n º21           nº22
---------------------------------------------------------------------------------
"Lolitaa"                      nº 14           nº 12           nº 17
---------------------------------------------------------------------------------
"Blondie HP"                nº 5             nº  3           nº 7
---------------------------------------------------------------------------------
"Manolo el del bombo"  nº 20          nº 6             nº 9
---------------------------------------------------------------------------------
  " ? "                             nº 5           nº 3             nº 9
---------------------------------------------------------------------------------
"Rosa cara Choncha"    nº 21          nº 16           nº 3
---------------------------------------------------------------------------------
"Caracola Lola "          nº 20            nº 3           nº 17 
----------------------------------------------------------------------------------
"Manolo borracho"      nº 20            nº 9            nº 3      


E como sodes "listiños" e sabedes que dúas máis dúas son catro...
a estas alturas xa saberedes quenes son os gañadores non si?

Poisssss efectivamente , con 30 fantásticos puntos ...

              Nº 20 .........................Lucas Martínez.

Con 24 puntos...
          
              Nº 3............................Miguel García

Con 20 puntos...


              Nº 5...........................Aitana Rodríguez

    NORABOA AOS TRES GAÑADORES 
GIFos Regalos, Hermosas Sorpresas, Cajas de Regalo

 Tamén hai unha sorpresiña para os que leron os conton e votaron :
Teredes un pequeño agasallo á volta das vacacións. Noraboa tamén a:

           Sara Agra
           Naira Abalo
           Miguel Camiño
           María Blanco
           Alicia García
           Inés Kalaaji
           Carla Pérez                


      

           

lunes, 1 de junio de 2020

Torta Oreo

Ola a todos, somos Naira e Aitana e hoxe traémosvos unha receita que nos encanta, ¡Torta Oreo! Para comezar, os ingredientes son:
Lets Bake Baking GIF - LetsBake Baking Pusheen - Descubre ...

- 500 g. de nata líquida para montar
- 140 g. de leite condensada
- 400 g. de leite enteira


Para a base:

- 200 g. de galletas Oreo enteiras (coa crema).
- 100 g. de manteiga a temperatura ambiente.


Para a torta:

- 2 sobres de preparado para cuajada
- 150 g. de chocolate blanco



Para a decoración:

Podes utilizar galletas Oreo, nata...
Nos nesta ocasión usamos soamente galletas Oreo.



· Preparación

1 - Base

Poñemos as galletas e a manteiga nun recipiente e trituramos.

Botamos esta mezcla en un molde desmoldable de 23 cm. de diámetro y aplastamos ben coa axuda dunha cuchara de modo que quede cuberta toda a base co mesmo grosor. Reservamos no frigorífico ou conxeador.


Niña cocinera | Desenho cozinha, Clip art, Chefe de cozinha220 mejores imágenes de CHEF!!! en 2020 | Dibujos de cocineras ...


2 - Tarta 

Botamos todos os ingredientes da torta


CONTINUARÁ...

domingo, 24 de mayo de 2020

A IDADE MEDIA III

O CASTELO MEDIEVAL

 castillo
Imaxinades como sería vivir nun castelo medieval?                                                   





Contesta:
1º Na Idade media hai dúas edificacións de moita relevancia , de que edificacións se trata?
2º Onde se solían situar os castelos?
3º Dentro do castelo , onde se gardaban os alimentos , armas e combustibles?
4º Onde celebraba o señor do castelo os banquetes e reunións?

miércoles, 20 de mayo de 2020

A IDADE MEDIA

  A IDADE MEDIA

Webquest edad media | Gifs, Edad media, Personas
                                                                                                   
Como vimos anteriormente a Idade Media, comeza coa caída do Imperio Romano. Aquí tedes estos vídeos que vos resultarán moi entretidos e gracias aos cales poderedes respostar as preguntas que aparecerán a continuación.





1º Cando comeza e cando remata a Idade Media?
2ºQue é a monarquía? 
3º En que se basaba o feudalismo ou a sociedade feudal?
4ºCales son as etapas da Idade Media?
5º Como se defendían dos seus inimigos?
6º Que son os gremios?

martes, 19 de mayo de 2020

CISCO WEBEX MEETINGS.

REUNIÓN: MÉRCORES , DÍA 20 ÁS 17:00


Agardo que a información fora clara, lembrade que mañán uns minutos antes da cita ,teredes que coller lapis e papel para apuntar os datos que vos deixarei en EVENTOS.

lunes, 18 de mayo de 2020

A IDADE MEDIA

A IDADE MEDIA

Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano  no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América,no século XV (1492 ). Para comprender mellor este periodo conven antes que comecemos con un breve repaso por Roma.




Agora ides demostrar o atentos que estivéchedes a este vídeo contestando a estas preguntas:
1ªFai canto empezou o Imperio Romano?
         2ªQuen era o que mandaba no Imperio Romano?
 3ªQue nacións conquistaron os romanos?  
 4ªComo se dividía a sociedade romana?   
5ª Os romanos a parte de ter grandes exércitos eran inxenieros e grandes constructores. Que construían nas súas cidades?
6ªCando rematou o Imperio  Romano?  
Contestade nas vosas libretas con boa letra e boa presentación.   


  

domingo, 17 de mayo de 2020

RÉPTILES


MIS COSAS DE MAESTRA*: Animales Vertebrados: Esquemas ...

7. Os réptiles

A maioría dos réptiles viven na terra, aínda que hai uns poucos que viven na auga.

Características

Os réptiles teñen as seguintes características xerais:
  • Teñen catro patas cortas, agás as serpes que carecen de extremidades.
  • Reprodúcense por fecundación interna.
  • Son ovíparos e non incuban os seus ovos.
  • Case todos teñen dentes que empregan para suxeitar a comida. Algúns como as víboras teñen dentes que inxectan veleno.
  • A lingua dos réptiles ten varias funcións: gustativa, olfactiva e táctil. Nalgúns casos é bífida
  • Teñen o corpo recuberto por escamas. Estas escamas non son flexibles, polo que os réptiles téñenas que cambiar a medida que medran. As escamas antigas despréndense, e por debaixo, quedan outras novas. Este proceso denomínase muda. As tartarugas posúen, ademais, unha coiraza dura que as protexe.
  • temperatura do seu corpo depende do medio, é dicir, de se vai calor ou frío.

Sabías que...?

Dependendo da temperatura do ambiente á que estean os ovos do crocodilo, nacerán machos ou femias.

Alimentación

Segundo o alimento que comen, os réptiles poden agruparse en:
  • Herbívoros. Aliméntanse de plantas, como as tartarugas terrestres e as iguanas.
  • Carnívoros. Aliméntanse doutros animais. Os réptiles tragan as súas presas sen mastigar. As características da mandíbula das serpes permítenlles tragar presas grandes. As lagartas e os camaleóns son insectívoros.
  • Omnívoros. Algúns réptiles aliméntanse sobre todo de plantas, pero ás veces, poden tamén comer algúns invertebrados de pequeno tamaño. É o caso dalgúns tipos de tartaruga.

Autoría: Karl Larsaeus
Serpe

Actividades

   1º   Copia o esquema na túa libreta.
 2º
Fíxate na seguinte imaxe. Son fotos da pel de dous vertebrados. Unha delas corresponde a un réptil, cal cres que é? Por que? De quen podería ser a outra?

Autoría: Kallerna / Luis Ovalles
Peles de vertebrado

Aquí un novo vídeo.

viernes, 15 de mayo de 2020

ESQUÉCETE DO ABURRIMENTO



ESQUÉCETE DO ABURRIMENTO !



Bos días chámome Sara e hoxe tráiovos unhas ideas 

que podedes facer para non aburriros, con cousas 

que temos na casa.



BOTE DE CORDA



 MATERIAIS:


Unha lata ou unha botella, corda ou lá, silicona 

quente e adornos (opcional).



INSTRUCCIÓNS:


1)  Se o vas facer cunha botella corta á medida que 

queiras face-lo bote, se o vas facer cunha lata 

escóllea da medida que desexes.



 

2)  Unha vez feito este paso colle a pistola de 

silicona quente e pon un puntiño ao principio de 

todo.



 
3)  A medida que vaias poñendo a silicona vaite 

enrolando a corda ou a lá.



4)  Unha vez que teñas todo o bote cuberto da lá,

remata poéndolle adornos para que quede máis

bonito( este paso é opcional ). 





 


TARAAAN!!!!!


       E así sería como vos quedaría.

   
ESPERO QUE VOS GUSTE!!


Recomendacións:


 
Cando vaias pega-la corda ou a lá coa pistola de 

silicona vaite poñendo puntiños, non poñas moita 

silicona para un acabado moito mellor.

 


Se queres podelo lavar ou pasar un trapo húmido o 

que tes que facer e misturar 50% cola branca e 50% 

auga, e cun pincel cubrir toda a superficie do bote.

 
Non te preocupes se ao principio queda branco, a

cola ao secar transparéntase.

jueves, 14 de mayo de 2020

OS ANFIBIOS


LOS ANFIBIOS


6. Os anfibios


A diferencia doutros vertebrados, os anfibios sofren unha transformación durante o seu desenvolvemento. Este cambio pode ser moi drástico e chámase metamorfose.
As crías dos anfibios viven na auga mentres que os adultos viven na terra, aínda que precisan moita humidade. Durante a metamorfose, o corpo dos anfibios sofre transformacións que permiten este cambio de hábitat.

Características

Os anfibios teñen as seguintes características xerais:
  • Cando son adultos teñen catro patas. Nalgúns anfibios son todas do mesmo tamaño, coma os tritóns; outros teñen as patas posteriores moito máis longas para poder saltar, coma as ras.
  • Algúns, como as píntegas, teñen cola cando son adultos e outros, como as ras, non.
  • Reprodúcense por fecundación externa. O macho e a femia liberan os gametos á auga e é aquí onde se produce a fecundación.
  • Son ovíparos. Dos ovos nace unha larva que, no caso das ras, chámase cágado. Os cágados sofren un proceso de metamorfose para adquirir as características dos adultos.
  • As larvas respiran por branquias, e os adultos, por pulmóns e pola súa pel húmida.
  • Teñen o corpo recuberto por unha pel núa; é dicir, non teñen nin pelo, nin plumas, nin escamas. A pel dos anfibios debe estar sempre húmida.
  • temperatura do seu corpo depende do medio, é dicir, de se vai calor ou frío.


Metamorfose da ra
Metamorfose da ra

Alimentación

A alimentación dos anfibios depende da súa idade:
  • As larvas son herbívoras. Comen plantas acuáticas.
  • No seu estado adulto, os anfibios son carnívoros. Aliméntanse de invertebrados ou pequenos vertebrados.

Actividades

1
Copia o esquema na túa libreta.
2
Cres que un cágado podería vivir na terra? E unha ra adulta na auga?


martes, 12 de mayo de 2020

Día de las letras Gallegasel_blog_del_mar%

Celebración da Semana das Letras Galegas

Este domingo 17 de maio celebramos  o Día das Letras Galegas.
O autor homenaxeado este ano 2020 é Ricardo Carvalho Calero.

As pitas baixo a choiva

No seguinte enlace tedes o proxecto educativo "As pitas baixo a choiva".
Contén un relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato "Conto", música e unha unidade didáctica.

Aquí vos deixo outro enlace que está moi entretido.Merece a pena.


https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

PEIXES - VERTEBRADOS

Os peixes

MIS COSAS DE MAESTRA*: Animales Vertebrados: Esquemas | Animales ...

1º-  Copia o esquema .

5.  Os peixes 

 
                                                      


Os peixes son animais acuáticos. Poden vivir en auga doce (ríos e lagos) ou en auga salgada (mares). Só algúns casos, como os salmóns, os esturións e as anguías, pasan parte da súa vida en auga doce e outra parte en auga salgada.

Características 

Os peixes teñen as seguintes características xerais:
  • As extremidades dos peixes son as aletas.
  • Reprodúcense por fecundación externa. Os peixes liberan os seus gametos na auga, onde se produce a fecundación e o desenvolvemento das crías. Os peixes non incuban os seus ovos.
  • Son ovíparos.
  • Teñen boca con dentes. A forma dos dentes é diferente segundo o tipo de alimentación.
  • Respiran por branquias. As branquias son órganos con forma de láminas finas situadas aos lados da cabeza. Permítenlles aos peixes obter osíxeno da auga e expulsar dióxido de carbono.
  • A maioría dos peixes teñen esqueleto óseo, aínda que algúns como as quenllas e as raias posúen un esqueleto de cartilaxe. O esqueleto dos peixes está formado por espiñas.
    • Teñen a pel recuberta por escamas. As escamas poden ter formas e tamaños diferentes. Dispóñense en ringleiras que se solapan. O extremo libre de cada escama queda por encima da escama seguinte.
    • Non son capaces de controlar a temperatura do seu corpo por si mesmos, dependen do ambiente no que se atopen.
    • A maioría dos peixes teñen vexiga natatoria. A vexiga natatoria é unha bolsa de paredes flexibles que se pode encher cunha cantidade variable de gases. Con ela, controlan a profundidade á que se sitúan, sen necesidade de nadar.

    Branquias do atún
    Branquias do atún

    Sabías que...?

    Algúns peixes forman parte das nosas dietas. Para evitar que as actividades pesqueiras poñan en perigo ás poboacións de peixes, os gobernos estableceron unhas tallas mínimas. Non se poden pescar peixes de tamaños menores a estas tallas.
    Esta non é a única norma para protexer ás poboacións de peixes. Por exemplo, hai outras que nos din cantos podemos pescar e cando o podemos facer.

    Alimentación

    Segundo o alimento que comen os peixes poden agruparse en:
    • Herbívoros. Aliméntanse de plantas acuáticas ou algas. Os muxes son herbívoros.
    • Carnívoros. Aliméntanse doutros peixes, insectos, crustáceos, moluscos e outros invertebrados. Por exemplo, o atún e as troitas.
    • Omnívoros. Aliméntanse de vexetais e doutros animais. Por exemplo, as carpas.

    2ºCONTESTA:
    Que cres que lle pasaría a unha poboación de atúns do mar Cantábrico se durante varios anos consecutivos se pescasen moitos atúns por debaixo da talla mínima?