A diferencia doutros vertebrados, os anfibios sofren unha transformación durante o seu desenvolvemento. Este cambio pode ser moi drástico e chámase metamorfose.
As crías dos anfibios viven na auga mentres que os adultos viven na terra, aínda que precisan moita humidade. Durante a metamorfose, o corpo dos anfibios sofre transformacións que permiten este cambio de hábitat.
Características
Os anfibios teñen as seguintes características xerais:
- Cando son adultos teñen catro patas. Nalgúns anfibios son todas do mesmo tamaño, coma os tritóns; outros teñen as patas posteriores moito máis longas para poder saltar, coma as ras.
- Algúns, como as píntegas, teñen cola cando son adultos e outros, como as ras, non.
- Reprodúcense por fecundación externa. O macho e a femia liberan os gametos á auga e é aquí onde se produce a fecundación.
- Son ovíparos. Dos ovos nace unha larva que, no caso das ras, chámase cágado. Os cágados sofren un proceso de metamorfose para adquirir as características dos adultos.
- As larvas respiran por branquias, e os adultos, por pulmóns e pola súa pel húmida.
- Teñen o corpo recuberto por unha pel núa; é dicir, non teñen nin pelo, nin plumas, nin escamas. A pel dos anfibios debe estar sempre húmida.
- A temperatura do seu corpo depende do medio, é dicir, de se vai calor ou frío.
Alimentación
A alimentación dos anfibios depende da súa idade:
- As larvas son herbívoras. Comen plantas acuáticas.
- No seu estado adulto, os anfibios son carnívoros. Aliméntanse de invertebrados ou pequenos vertebrados.
Actividades
1
Copia o esquema na túa libreta.
2
Cres que un cágado podería vivir na terra? E unha ra adulta na auga?
No hay comentarios:
Publicar un comentario