música

jueves, 7 de mayo de 2020

MAMÍFEROS

 Ola, bos días, aquí vos deixo a nova tarefa.


3. Os mamíferos

Os mamíferos son animais vertebrados. Case todos son terrestres pero tamén hai algúns acuáticos, coma os golfiños e as baleas, e outros voadores, coma os morcegos. Chámanse así porque posúen glándulas mamarias. Estas glándulas producen leite co que alimentan ás súas crías.

Características 

Os mamíferos teñen as seguintes características xerais:
  • Posúen catro extremidades. Algúns coma os corzos teñen patas, outros, coma as focas, aletas, e outros, coma os morcegos, ás.
  • Son animais vivíparos. Nacen do ventre da súa nai e aliméntanse do leite que producen as súas mamas.
  • Teñen fecundación interna. O óvulo e o espermatozoide únense no interior do corpo da femia.
  • Respiran mediante pulmóns.
  • Teñen unha boca con dentes e beizos que lles permiten mamar.
  • Case todos teñen pelo.
  • Poden controlar a temperatura do seu corpo. É dicir, non importa se vai frío ou calor, a temperatura corporal mantense estable.
  • Case todos son terrestres. Uns poucos son mariños ou voadores. 
  •  
  • 1 º Copiade na vosa libreta as  características dos mamíferos( sempre con boa presentación ).
Golfiño

Sabías que...?

Os ornitorrincos e as equidnas son mamíferos. Son os únicos mamíferos non vivíparos; os ornitorrincos e as equidnas poñen ovos.

Alimentación

Segundo o alimento que comen os mamíferos agrúpanse en:
  • Herbívoros. Aliméntanse de plantas. Os ruminantes son un grupo de herbívoros que teñen un estómago dividido en catro partes que lles permite dixerir os alimentos en dúas etapas. A vaca e a xirafa son ruminantes.
  • Carnívoros. Aliméntanse de carne. Os lobos e as focas, por exemplo, son carnívoros.
  • Omnívoros. Aliméntanse de plantas e carne. Os raposos e os osos son omnívoros.
  •  
  • Según o que acabades de ler, Como se chaman os que comen de todo ? (plantas e carne)
  • Agora copia o seguinte esquema .
MIS COSAS DE MAESTRA*: Animales Vertebrados: Esquemas ... 
 E ...de novo un estupendo vídeo ,para que disfrutedes.

1 comentario: