música

martes, 1 de marzo de 2016

Os contos do revés

Queredes pasar un momento divertido?...

Aquí vos deixamos cunha futura escritora con moi boas ideas

Os tres porquiños


Érase unha vez nun país moi,moi lonxe...
Tres porquiños malvados que se facían os bos.Un día fóronse ao bosque e fixeron as súas propias casas.
Ao día seguinte chegou o lobo do bosque.
-Axúdeme,axúdeme.Busco un refuxio.Se me deixas entrar douche unha enciclopedia.-
Dixo o lobo.
-Non,non che vou deixar entrar.-Dixo o primeiro porquiño.
O lobo foi á segunda casa.
-Por favor,por favor!Déixeme entrar.Busco un refuxio,a cambio douche unha enciclopedia.-Dixo o lobo.
-Non,non che vou deixar entrar.-Dixo o segundo porquiño.
E o lobo foi á última casa.
-Por favor,por favor.Déixeme entrar,busco un refuxio.A cambio douche unha enciclopedia.
E o porquiño dixo que si.Abriu a porta e meteron o lobo no forno.
         Finalmente comeron un bo asado !!!!!
                                             
                                                 Emma Barreiro 5ºA

lunes, 29 de febrero de 2016

VISITA MUSEO DE PONTEVEDRA E PETROGLIFOS OS BALLOTES

 O PASADO 23 DE FEBREIRO FIXEMOS UNHA SAÍDA DIDÁCTICA A PONTEVEDRA ,PASÁMOLO TAAAAN BEN QUE QUEREMOS QUE MORRADES DE ENVEXA!!!!

BUEEEENOOOOO NON É ASÍ , O CERTO É QUE O PASAMOS XENIAL E QUERÉMOLO COMPARTIR CON VÓS.



jueves, 25 de febrero de 2016

Día de Rosalía

          24 de febreiro,día de ROSALÍA

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

Día de Rosalia

     24 de febreiro , día de Rosalía

lunes, 1 de febrero de 2016

día da paz



Bos días somos Paula e Emma de 5ºA. Queremos empezar xa outra vez o noso blog:
O Ghaliñeiro do Arealonga. Asi que...estamos de noraboa.
E para empezar aquí vos deixo unha mostra do ben que o pasamos o día da paz.

miércoles, 20 de enero de 2016

POR FIIIIIIN!!!!    XA COMEZAMOS DE NOVO O NOSO BLOG! BENVIDO AO GHALIÑEIRO DE INVERNO EN PLENO MES DE XANEIRO .
E TAL DÍA COMA HOXE

viernes, 20 de noviembre de 2015

Aqueles tempos...

E aquí o tedes! O vídeo máis esperado polos alumnos de 6ºC. -Despois de máis de 4 anos de espera...
en primicia para todos vós!

Agardamos que vos guste!!





Presentación de diapositivas: Aqueles tempos...! - Diapositivas