Queredes pasar un momento divertido?...
Aquí vos deixamos cunha futura escritora con moi boas ideas
Os tres porquiños
Érase unha vez nun país moi,moi lonxe...
Tres porquiños malvados que se facían os bos.Un día fóronse ao bosque e fixeron as súas propias casas.
Ao día seguinte chegou o lobo do bosque.
-Axúdeme,axúdeme.Busco un refuxio.Se me deixas entrar douche unha enciclopedia.-
Dixo o lobo.
-Non,non che vou deixar entrar.-Dixo o primeiro porquiño.
O lobo foi á segunda casa.
-Por favor,por favor!Déixeme entrar.Busco un refuxio,a cambio douche unha enciclopedia.-Dixo o lobo.
-Non,non che vou deixar entrar.-Dixo o segundo porquiño.
E o lobo foi á última casa.
-Por favor,por favor.Déixeme entrar,busco un refuxio.A cambio douche unha enciclopedia.
E o porquiño dixo que si.Abriu a porta e meteron o lobo no forno.
Finalmente comeron un bo asado !!!!!
Emma Barreiro 5ºA
Menudos porquiños!!!,que malvados!
ResponderEliminarencántame!!!! é unha boísima idea.Sorte!
ResponderEliminar