música

jueves, 3 de marzo de 2016

Daniela e a súa avoa

 
Resultado de imaxes para dibujos abuelas y niña
                              DANIELA E A SÚA AVOA
             
             Nunha casa pequeniña,vivían unha nena moi pícara, un pai, unha nai e unha avoa tan maior que casi era bisavoa, e que nunca, nunca,quería comer..
a avoa leíalle os contos a Daniela (a nena pícara e traviesa) e contáballe historias fantásticas todos os días antes de durmir, mentres calcetaba na súa mecedora.

un bo día Daniela deuse de conta que a súa avoa aínda estaba na cama.
 -Bos días avoiña, que tes hoxe?- preguntoulle Daniela. A avoa non lle contestou. Non tiña forzas nin para falar , xa que levaba días sen querer comer. Daniela triste e chorosa foi contarllo a súa nai;
-Meu amor, a avoiña está enferma- contestoulle. A nena saíu correndo e foi xunto a avoa
- Avoiña tes que comer para poñerte sá, facemos un trato?, Prométoche que vou a ser boa..., farei o que me pidas.A avoa enternecida polas palabras de  Daniela contestoulle con voz suave;
-Por favor achégame un pouquiño de leite.

Pouco a pouco comezou a comer de novo (froitas, verduras,...) 
día tras día a avoa tiña máis forza  e Daniela non facía travesuras e obedecía ó que lle dicían os seus pais.
       Un bo día de primaveira no que o sol brilaba e os paxaros cantaban a avoa díxolle a Daniela; 
         -Qué  conto queres que te lea hoxe?
       As  dúas fundíronse nun abrazo inmenso e foron felices outra vez.

 Resultado de imaxes para gifs fin         Marina Pérez Martinez 5º A

1 comentario:

  1. Que neta tan boiña!!!Tomemos exemplo!! gustoume moitiiiiiiisimo!!!!!

    ResponderEliminar