Coñecedes iso que algunha xente di de "e que as gafas non me gustan"... "son feas e quedan mal"... "as gafas son para os empollóns"... e demais tonterías? Pois rematáronse! Agora as gafas son a moda. Todos queren poñelas e levalas. Pero que pasa se non as podes usar porque a túa vista é perfectísima? Pois non tes problema xa que hai gafas sen cristais tan bonitas e modernas coma as outras, e por só 1 euro!
Xa sabedes, acompañádenos nesta nova moda e... TODOS CON GAFAS!!
Queredes saber quen inventou os primeiros lentes?
Dos monóculos aos multifocais
As lentes de lectura son unha das invencións máis importantes dos últimos 2000 anos.
Sábese
que Séneca, estadista, dramaturgo e filósofo romano,utilizaba un globo
de vidro cheo de auga como unha lupa para ler todos os libros en Roma.Sábese que ao
redor do ano 1000, os Sopradores de vidro en Italia foron
produtores de pedras de vidro, para ler, como unha lente, semellante ás
lentes actuais.
O
italiano Alessandro Della Spina, frade da cidade de Pisa, proxectou o
"roidi di Ogli" (discos de ollo), considerado por algúns como o primeiro
par de lentes da historia .
Os lentes de sol son unha invención chinesa. A súa aparición remóntase ao século XV e tiñan a intención de ocultar a expresión dos ollos dos xuíces durante os xuízos. Non
foi ata 1930, cando se comezaron a usar para protexerse da luz solar,
sobre todo cando os a Forza Aérea dos Estados Unidos comezou a usalos para
as súas manobras .