música

jueves, 27 de junio de 2013

Fiesta de Fin de Curso.

Ola a todo o ghaliñeiro!
Eiquí Marta ao aparato para contarvos de primeira man como foi a nosa festa de fin de curso (sí., xa sei que eu xa acabara as prácticas facía uns meses pero é que o Ghaliñeiro engancha moito e unha non é capaz de vivir sen el). Imos aló.

O día comezou cunha sorpresa inesperada por moitos, xa que algunhas ghaliñas decidiron invitar a unha amiga miña chamada Ángela a nosa festa. Polo tanto, en canto o timbre sonou, todos a atoparon na clase.


Cando chegaron todos, repartimos o traballo e puxémonos a funcionar ao 200%. E vós vos preguntaredes: Que traballo se xa era o último día?. Pois ben, resulta que a maravillosa profe Loli sempre ten algo en mente para facer dunha festa normal e corriente algo único e inigualable. 

Dividimos a clase en 4 grupos e cada grupo tiña asignada unha tarefa distinta: Un grupo encargaríase de decorar toda a clase para a ocasión; outro faría pan-pizzas; outro encargaríase da elaboración dunhas riquisísimas trufas de chocolate; e por último, pero non menos importante, outro grupo faría un delicioso bizcoito.







Cando todos os grupos remataron, pasamos a colocar ben tódalas mesas da clase e a abrir e colocar os gusanitos, patatas, cheetos, etc. En resumen, unha festa á que non lle faltou de nada.

Unha vez feito todo o traballo solo nos quedaba DIVERTIRNOS. E así foi, comimos ata rebentar, bebimos moitísimo, bailamos, cantamos, e XOGAMOS AO SING STAR. Cabe destacar que a canción "Me muero" de "La quinta estación" foi a estrela da festa.





Durante toda a mañán tivemos visitas de todos os compañeiros de sexto e ata viñeron unhas nenas de terceiro que nos deleitaron cun precioso baile.

Pero a cousa non remata aquí, amigos, cando a profe Loli menos o esperaba, nós lle dimos unha sorpresa moi grande que lle tíñamos preparada polo ben que se portou con todos nós durante todo o curso (no meu caso durante algo máis de tempo jaja). E démoslle uns agasallos que lle compramos, e fixemos entre todos. ¡Encantáronlle!


Aínda que tamén houbo sorpresa para os rapaces, xa que Loli lles regalou unha lanterna a cada un para que non perdan a luz que os guíe no seu próximo camiño no instituto. E eu regaleilles a cada un unha foto de grupo na que salen tal e como son cada un deles.


Chegou a hora de recoller e de marchar por última vez do querido colexio. Chegaron as bágoas de alegría mesturadas con algo de nostalxia. Chegaron as despedidas. Pero eles saben que aínda que a súa etapa no colexio rematara, quédanlles moitas aventuras máis por vivir, moitos contos que inventar, moitos cacarexos que soltar e sobre todo moitas risas que compartir todos xuntos. E se ides a institutos diferentes, iso só supoñerá coñecer moita xente nova e facer moitos máis amigos pero nunca, NUNCA, deixar atrás os que xa tedes.









A min só me queda agradecervos a todos por facerme pasar un ano tan especial ao voso lado. Por tratarme tan ben. Por deixarme coñecervos e querervos e por facerme sentir unha ghaliña máis do voso ghaliñeiro. 


¡QUE PASEDES TODOS E TODAS UN BO, FANTÁSTICO E INOLVIDABLE VERÁN!
Marta.

9 comentarios:

  1. Lo de que viniera Angela se me ocurrió a mi jajajaja Marta muy bonito todo! Me encanta! Jejeje

    ResponderEliminar
  2. Por cierto soy marga

    ResponderEliminar
  3. Oooh, Marta, que bonito!!

    Ana.

    ResponderEliminar
  4. Os echo de menos eh, en el instituto el últimos día voy ir a visitarte Loli ;) Soy Aitana por cierto. Jaja, bueno Loli cuando se va hacer lo de poder subir nosotros cosas ?

    ResponderEliminar
  5. buaaaaaaaaaaaaaaaaaaa...os hecho mucho de menos
    por cierto <3 6ºA

    ResponderEliminar
  6. Me acabo de enterar de que se subió esta entrada, y casualmente el día de mi cumpleaños!.

    Cada vez que veo la foto me recuerda los buenos y malos momentos, pero después recuerdo que no se van a acabar ahí, os hecho mucho de menos.

    I will never forget my colleagues 6th A.

    (Y tampoco a los preofesores y a nuestra querida Marta)

    ResponderEliminar
  7. oh Marta gracias por esta entrada, si ya se que la miro un poco tarde pero bueno ya sabes como soy, otra vez muchas gracias por todo esto, nunca olvidare eso preciosos momentos junto a vosotros os quiero. P.D: ¡¡¡¡¡¡muchas felicidades Angela!!!!!!

    ResponderEliminar
  8. Llego un poco tarde pero gracias por esta bonita entrada Marta ,siempre recordare los buenos momentos que tuvimos todos juntos y nunca olvidare a ningun compañero ni a todas las profes que se esforzaron por enseñarnos.

    Un beso muy grande para todo 6ºA incluido a nuestras mejores profes
    siempre os tendre en mi corazon.

    ResponderEliminar
  9. Qué bonito Marta , no lo había visto hasta ahora vaya <3

    ResponderEliminar