Nº 14 UNHA FLOR
Unha cousa que non se entende,
pregunta e se atende.
Unha cousa que non podes ver,
mira e mira ben.
Esta flor ninguén a entende
por ser amarela e verde
e ten o talo avermellado
e os dentes ben formados.
Unha princesa,busca unha estrela
e nunha flor,o amor.
Atopa o seu príncipe soñado
Nº 15 UNHA LINDA POESÍA
Hai moito fume
pero non hai lume,
algúns días no río
fai bastante frío.
Eu son rico
e á primavera doulle un bico.
Na primavera vai fresco
e non podo tomar un refresco.
As botellas de cristal
non están feitas de metal,
Gústame a primavera
porque non se está como dentro da nevera!!!

Nº16 MAJICAL
O M de María
que ela desafía
de noite e de día.
O A de Alicia,
que vive en Galicia
e sempre da caricias.
O J de Julia,
que lle gusta
estar de tertulia.
O I de Iara,
é tan nerviosa
que non para.
O C de Claudia,
namentras comía
ela aplaudía.
O A de Andrea
que ve a tele
e moquea.
O L de lucía,
que lle gusta moito
ser policía.
Nº 17 A MIÑA VIDA
Polo río do meu tío,
había un regato,
un paxariño
e dous gatos.
Pola ponte da Illa,
tiña moito medo,
e tamén un pesadelo.
Estiven en Madrid,
Estiven en Nova York
Estiven en Valladolid,
e tamén en Castellón.
Agora en Vilagarcía,
disfruto da vida,
cantando poesías

Nº18 A NATUREZA
A natureza
con follas
vermellas
e bolboretas.
Na primavera
con flores
brancas
e herba fresca.
Os animais
saen a pasear.
coas tartarugas
do mar.

Nº 19 MAR MARIÑEIRO
Mar ,mariñeiro
que no mar ti creceches
concédeme o desexo de coñecerte
e tamén de quererte.
Desexo verte
e ver como eres.
Xa me da igual se eres desigual,
ti me coñecerás e eu a ti,por fin.
algún día vendrás
e vereite xa.
Amor ,ven xa
que non confío no mar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario