Ola ghaliartistas, aquí estamos de novo Alexia e Aitana e ímosvos a a falar dunha famosa artista galega: Maruja Mallo. Isto vai polos que non a coñecen.
Eiqui tedes a súa biografía:
Maruja mallo
Maruja Mallo Traxectoria
Foi a cuarta filla do matrimonio formado por Justo Gómez Mallo e María del Pilar González, y irmá maior do escultor Cristino Mallo (nado en Tui en 1905). Os dous irmáns utilizaron o segundo apelido do seu pai.Sendo aínda unha nena a súa familia trasladouse á localidade asturiana de Avilés.
Durante esa década de 1920 traballa asimismo para numerosas publicacións literarias como La gaceta literaria, El almanaque literario ou a Revista de Occidente e realiza portadas de varios libros. Ortega y Gasset coñece os seus cadros en 1928 e organízalle unha exposición nos salóns da Revista de Occidente. Exhibiu dez óleos que representaban pobos cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cine de principios de século. A exposición foi todo un acontecimento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruxa fose xuzgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.
Unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios permitiulle ir a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñece a Max Ernst, René Magritte, Joan Miró Giorgio de Chirico e outros), e participa en tertulias con André Breton e Paul Éluard. Muda a súa concepción sobre a pintura, alí comeza a súa etapa surrealista. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzó a mestría, tanto que o mesmo Breton comproulle en 1932 o cadro titulado Espantapájaros, obra poboada de espectros que hoxe é considerada una de las grandes obras do surrealismo.
Volta a España
De
regreso a España comprométese coa IIª República, e dá clases de pintura en
Arévalo
(Ávila) e Madrid. A Guerra Civil cóllea en Galicia, mais logra
escapar a Portugal.Con axuda de Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa[3], logra viaxar ata América. Acaba por instalarse na Arxentina. A chegada de Perón fai que marche aos Estados Unidos, e instálase en Nova York. Porén en 1965 decide regresar a España, e fixa a súa residencia en Madrid.
Última etapa e
pasamento
En
1979, comeza a súa última
etapa pictórica con Los Moradores del vacío. Tiña daquela 77 años, mais
aínda conservaba o frescor e a vitalidade que a acompañaran toda a súa vida. Na
década dos 90 ofrecéronlle varias exposicións e premios, como a Medalla ao
Mérito nas Belas Artes e o Premio de Artes Plásticas de Madrid. Cunha
exposición monográfica da súa obra inaugurouse o Centro Galego de Arte Contemporánea
de Santiago de Compostela, en 1993.Meses despois falece en Madrid aos 93 anos.
Algunhas obras
- La Verbena
- La huella
- Cabeza de mujer
- Máscaras
-
- El racimo de uvas
- Oro
- Agol
- Geonauta
mima
ResponderEliminarque boas son alexia e aitana
tamen son guapas elistas
sobre todo alexia
je je
se nota que eres tu alexia
Eliminarverdad
Eliminarje je
Eliminarno sabeis quien soy