1º. Copia o esquema na túa libreta ( recorda facelo con colores para que quede más visual )
4. As aves
As aves viven e crían na maioría dos hábitats terrestres.
Son animais vertebrados que teñen as súas extremidades anteriores modificadas como ás. As ás e outras adaptacións do seu corpo permítenlles voar, pero algunhas, como a avestruz, non o poden facer. Ademais de voar as aves poden camiñar, dar chimpos ou manterse erguidas sobre as súas patas, incluso hai algunhas que poden nadar.
Características
As aves teñen as seguintes características xerais:
- Teñen ás e patas.
- Reprodúcense por fecundación interna.
- Son ovíparas. As femias poñen ovos que incuban coa calor do seu corpo ata que se produce a eclosióne nace a cría.
- Respiran por pulmóns. Os pulmóns comunícanse cos sacos aéreos que son órganos que se enchen e baleiran de aire durante a respiración.
- Posúen un peteiro sen dentes. Os peteiros das aves teñen formas diferentes segundo o tipo de alimentación.
- Teñen ósos ocos, así pesan menos e poden voar con máis facilidade.
- Teñen a pel cuberta de plumas.
- Posúen catro extremidades. As posteriores son patas e as anteriores ás.
- Manteñen a temperatura do seu corpo estable, tanto se vai frío coma se vai calor.
Alimentación
Segundo o alimento que comen as aves agrúpanse en:
- Herbívoras. Aliméntanse de plantas. Os gansos e as perdices son herbívoros.
- Carnívoras. Aliméntanse de carne. Por exemplo a aguia e a anduriña son carnívoras. Algúns carnívoros son carroñeiros. Non cazan as súas presas senón que se alimentan de animais mortos, por exemplo, o voitre.
- Omnívoras. Aliméntanse de plantas e carne. A galiña e a pomba son omnívoras.
2º.Copia na túa libreta as características das aves.
- 3º.Ao igual que os mamíferos, algunhas aves teñen unha dieta moi especializada. Por exemplo, algunhas son granívoras e outras piscívoras. Busca o significado destas palabras e despois di se se trata de animais herbívoros, carnívoros ou omnívoros.
Coma sempre aquí tedes un entretido vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario