Os peixes
Os peixes son animais acuáticos. Poden vivir en auga doce (ríos e lagos) ou en auga salgada (mares). Só algúns casos, como os salmóns, os esturións e as anguías, pasan parte da súa vida en auga doce e outra parte en auga salgada.
Características
Os peixes teñen as seguintes características xerais:
- As extremidades dos peixes son as aletas.
- Reprodúcense por fecundación externa. Os peixes liberan os seus gametos na auga, onde se produce a fecundación e o desenvolvemento das crías. Os peixes non incuban os seus ovos.
- Son ovíparos.
- Teñen boca con dentes. A forma dos dentes é diferente segundo o tipo de alimentación.
- Respiran por branquias. As branquias son órganos con forma de láminas finas situadas aos lados da cabeza. Permítenlles aos peixes obter osíxeno da auga e expulsar dióxido de carbono.
- A maioría dos peixes teñen esqueleto óseo, aínda que algúns como as quenllas e as raias posúen un esqueleto de cartilaxe. O esqueleto dos peixes está formado por espiñas.
- Teñen a pel recuberta por escamas. As escamas poden ter formas e tamaños diferentes. Dispóñense en ringleiras que se solapan. O extremo libre de cada escama queda por encima da escama seguinte.
- Non son capaces de controlar a temperatura do seu corpo por si mesmos, dependen do ambiente no que se atopen.
- A maioría dos peixes teñen vexiga natatoria. A vexiga natatoria é unha bolsa de paredes flexibles que se pode encher cunha cantidade variable de gases. Con ela, controlan a profundidade á que se sitúan, sen necesidade de nadar.
Alimentación
Segundo o alimento que comen os peixes poden agruparse en:
- Herbívoros. Aliméntanse de plantas acuáticas ou algas. Os muxes son herbívoros.
- Carnívoros. Aliméntanse doutros peixes, insectos, crustáceos, moluscos e outros invertebrados. Por exemplo, o atún e as troitas.
- Omnívoros. Aliméntanse de vexetais e doutros animais. Por exemplo, as carpas.
2ºCONTESTA:
Que cres que lle pasaría a unha poboación de atúns do mar Cantábrico se durante varios anos consecutivos se pescasen moitos atúns por debaixo da talla mínima?
Que cres que lle pasaría a unha poboación de atúns do mar Cantábrico se durante varios anos consecutivos se pescasen moitos atúns por debaixo da talla mínima?
No hay comentarios:
Publicar un comentario