música

martes, 5 de mayo de 2020

Ciencias Naturais.Os vertebrados.

Día 3 de maio.



Ola, bos días, imos empezar co tema de Ciencias Naturais. ( en realidade para vós é un repaso do ano pasado , de 4º) : OS ANIMAIS VERTEBRADOS. Para iso déixovos este esquema que deberedes copiar na vosa libreta ou imprimilo e pegalo, facédeo con boa presentación e usando colores para que vos sexa máis fácil visualizalo. (Facédeo en grande , utilizando toda a folla da libreta , seguramente vos será máis axeitado facelo en horizontal, pero déixoo ao voso gusto)



Agora utilizando o texto que tedes a continuación contestade a estas preguntas e copiádeas na vosa libreta , sempre con boa letra.
1- Por que se caracterizan os animáis vertebrados?
2- Que tres funcións ten o esqueleto?
3- O corpo dos animais vertebrados esta dividido en varias partes, cales son?
4-Os animais vertebrados divídense en cinco grupos, cales son?
5- Dibuxade e coloreade na vosa libreta un animal vertebrado , indicando a que grupo pertence.
Xa que tedes problemas para mandar as tarefas por aquí,cando rematedes este traballo mandádeme unha foto por Class Dojo .


 Características dos animais vertebrados


Os animais vertebrados caracterízanse por ter un esqueleto interno ríxido que está formado por moitas pezas que se articulan entre si. O esqueleto ten tres funcións:
  • Permite realizar movementos xa que forma parte do aparato locomotor.
  • Sostén e dálle forma ao corpo.
  • Protexe os órganos. Por exemplo, as costelas protexen os pulmóns.
As lampreas, as quenllas e as raias teñen un esqueleto formado por cartilaxe. O esqueleto dos demais animais vertebrados está formado por ósos.

No esqueleto de todos os vertebrados distinguimos a columna vertebral e o cranio.


Columna vertebral e cranio dun esquío
O corpo dos animais vertebrados está dividido en varias partes:
  • Cabeza.
  • Tronco.
  • Extremidades. As extremidades poden ser moi diferentes entre si.
Os peixes, mamíferos acuáticos e aves como os pingüíns teñen aletas que lles serven para nadar. Os morcegos e a maioría das aves presentan ás que lles permiten voar. Outros vertebrados posúen patas que lles permiten camiñar, correr, saltar.

As serpes non teñen extremidades, pero poden desprazarse igual movendo en zig zag o seu corpo.
Algúns animais vertebrados, ademais, teñen cola.

Sabías que...?

Todos os animais vertebrados teñen un número par de extremidades. A única excepción son as lampreas.
Os animais vertebrados poden dividirse en cinco grupos: os mamíferos, as aves, os peixes, os anfibios e os réptiles. Ao longo desta unidade coñecerás as características de cada un dos grupos.




Agardo que vos resulte interesante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario