A maioría dos réptiles viven na terra, aínda que hai uns poucos que viven na auga.
Características
Os réptiles teñen as seguintes características xerais:
- Teñen catro patas cortas, agás as serpes que carecen de extremidades.
- Reprodúcense por fecundación interna.
- Son ovíparos e non incuban os seus ovos.
- Case todos teñen dentes que empregan para suxeitar a comida. Algúns como as víboras teñen dentes que inxectan veleno.
- A lingua dos réptiles ten varias funcións: gustativa, olfactiva e táctil. Nalgúns casos é bífida.
- Teñen o corpo recuberto por escamas. Estas escamas non son flexibles, polo que os réptiles téñenas que cambiar a medida que medran. As escamas antigas despréndense, e por debaixo, quedan outras novas. Este proceso denomínase muda. As tartarugas posúen, ademais, unha coiraza dura que as protexe.
- A temperatura do seu corpo depende do medio, é dicir, de se vai calor ou frío.
Alimentación
Segundo o alimento que comen, os réptiles poden agruparse en:
- Herbívoros. Aliméntanse de plantas, como as tartarugas terrestres e as iguanas.
- Carnívoros. Aliméntanse doutros animais. Os réptiles tragan as súas presas sen mastigar. As características da mandíbula das serpes permítenlles tragar presas grandes. As lagartas e os camaleóns son insectívoros.
- Omnívoros. Algúns réptiles aliméntanse sobre todo de plantas, pero ás veces, poden tamén comer algúns invertebrados de pequeno tamaño. É o caso dalgúns tipos de tartaruga.
1º Copia o esquema na túa libreta.
2º
Fíxate na seguinte imaxe. Son fotos da pel de dous vertebrados. Unha delas corresponde a un réptil, cal cres que é? Por que? De quen podería ser a outra?
No hay comentarios:
Publicar un comentario