música

domingo, 20 de enero de 2013

A nosa gaita



MÚSICA TRADICIONAL.

OLAA!! Son Ana , e son a encargada do apartado de música tradicional . Neste apartado, ensinareivos  moitas cousas sobre o tambor , a pandereta ou a gaita . Hoxe , explicareivos as partes da gaita.

A gaita, non é un instrumento aburrido , é dicir , que non ten porque ser escura e negra toda , a miña e a de meu irmán siguen as tendencias da moda. A miña gaita, é azul cun bordado dun trisquel de follas de Carballo douradas e os farrapos son azúis e negros. A madeira é de granadillo, e dicir escura pero as gaitas tamén poden ser de buxo ou así. A de meu irmán, é violeta, con un bordado  dunha vacaloura.

As gaitas, poden ser de varias voces , é dicir por ejemplo , a miña é de 4 voces é dicir que ten ronco , ronqueta , chillón e punteiro . tamén hai gaitas de 3 ou de 2 voces.



PARTES DA GAITA :

_  OS FARRAPOS : son fíos de lá ou tea moi finiña que se colgan en distintas partes da gaita e van a xogo co vestido.

_ O SOPRETE : é a parte da gaita por onde se sopra, para hinchar o fol , o zapón ou válvula impide que o aire volva para atrás.

_ RONCÓN : produce o son máis grave da gaita . O son que produce é de dúas octavas máis  grave que a tónica do punteiro . Divídese en tres partes , a prima a tercia e a copa. Na prima, atópase o pallón.

_ RONQUILLA OU RONQUETA : produce tamén un son continuo . É unha octava máis aguda que o roncón e unha octava mais grave que a tónica do punteiro . Tamén leva un pallón, máis pequeño que o do roncón .

_ RONQUILLO OU CHILLÓN :  É o máis agudo dos sons continuos , soe levar palleta como o punteiro , soando entón a dominante. Tamén pode levar un pallón e entón soará a tónica do punteiro .

_ PUNTEIRO :  É o elemento melódico da gaita , onde se tocan as músicas. Leva unha palleta .



PALLETAS : a palleta é a que da a afinación e o timbre da gaita . É moi delicada e hai que evitar rozaduras , golpes , humidade excesiva , o troco de mollada a
v enxoita ou deixala ao aire , fóra da gaita , por moito tempo. Os antigos gaiteiros , mantíñana metida en alcohol , óleo ,  ou augardente do país.
       O material que mais se utiliza na súa construcción , é a
       cana , aínda que tamén as hai de   plástico , corno ou      
       marfil.
       De todos xeitos , a que mellor da resultado , é a de          
       cana .
       A palleta consiste en 2 láminas de cana enfiadas a       
       carón dun tubito metálico , chamado caurel ou tudel .      
       Cando o vento roza nas láminas  , a vibración das    
       mesmas , provoca o son característica da gaita que     
      logo se modula cos dedos no punteiro. Ao pé da cana    
      vai o xugo ou canga , que controla a apertura das     
      láminas . Se queremos pechar as láminas ,    
      premémoslle no centro , e se queremos abrilas nas    
      beiras . O enfiado , pode considerarse unha parte da    
      palleta de seu.




Pallóns : o pallón é tamén de gran importancia , pois dalle á gaita galega , no caso do ronco , dúas oitavas por baixo , da tónica do punteiro . O pallón non só se emprega no roncón , senón que tamén na ronqueta ou ronquilla e no chillón ou ronquillo . No caso do chillón , tamén se podería empregar unha palleta obtendo unha quinta ascendente.
O mellor pallón é o tradicional, feito de cana ao igual  ca palleta. Tamén os houbo metálicos e os chamados “pallón de bolígrafo” pero non son recomendados porque deforman o timbre característico do ronco.
Agora empézanse a utilizar pallóns feitos con derivados do plástico que se imitan aos de cana no seu timbre. 
                  

ENTREVISTAS


Manuel Cruces : actualmente profesor de gaita , e percusión de todos tipos e gaiteiro de TNT Tanto Nos Ten .

Bos días , antes de nada quería agradecerlle que nos emprestara un pouco do seu tempo para esta entrevista.

Non teño ningún problema .

Bueno , comezamos .
Con cantos anos comezou a tocar?

Con 11 anos xustos .

Quen lle ensinou a tocar a gaita?

Manuel Solla Fernandez

Algunha vez rompiches algunha parte da gaita?

Si , un punteiro e palletas innumerablemente contables.

Con que grupos tocaches?

Empecei con FOLLAS NOVAS
       Logo... :

        AIRIÑOS GALEGOS

       A.F.XARGARETE

        CERNE

         KERN

         LUG NASAD

         PROJECTO GZ

         XANS

         TANTO NOS TEN

          DE VIRAÇÓN

           
          Por que empezaches a tocar a gaita?


           Porque meus pais vian que eu leía moitísimo e                       
            metéronme na música e dende entón xa ves .

            Que grupos che gustan?

           Música moi variada porque me gusta todo tipo de     
           música pero de música tradicional pode que Sunrá

           cantos ensaios tes á semana?
           
           Teño 6 días á semana de ensaios

            É moi difícil vivir da música?

            Di – fi – ci – lí – si – mo

             Cales das túas actuacións destacarían na túa vida?

            A 1ª vez que toquei e ortigueira e todas as 
            actuacións con TNT

           con relación a música tradicional , que cousas                    
            estas orgulloso de ter feito?

           Tratar de transmitirlla a outra xente.

           Que opinas  en que situación está a musica  
            tradicional en Galicia?

           A nivel institucional , abandonada completamente e   
           a nivel da xente desactivada.

Bueno moitas gracias por prestarnos este tempo para a entrevista , adeus !
 Bueno ata aquí esta primeira intervención de música tradicional,espero que vos gustara!
        



5 comentarios:

  1. Ana, enorabuena no pensaba que la gaita tuviera tantas partes.:)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. leichelo todo!? mima jajajja gracias . traballo costou pero ahi esta

      Eliminar
  2. La verdad es que es un buen trabajo

    ResponderEliminar
  3. SI é un bo traballo, Ana si o lein n hora de lectura leome 10 páxinas o máis e increible que estendo ao teu lado aun non sepas que me encanta leer

    ResponderEliminar
  4. a que toco eu non ten chillon
    ousexa
    e de 3 voces
    pero aunque toque a gaita
    metade non o sabia

    ResponderEliminar