música

martes, 15 de enero de 2013

Coñecemos a Lúa



A LÚA

É o satélite natural da Terra.  A diferenza doutros planetas do Sistema Solar, a Terra ten só un satélite natural. Formouse ao
mesmo tempo que esta e o resto do Sistema Solar e, durante determinado período da súa evolución, recibiu numerosos impactos de enormes meteoritos, abundantes naquel entón no espazo interplanetario, que deixaron a súa pegada en forma de cráteres. O  astro arrefeceu tras un período de  importante actividade xeolóxica interna, que explica a orixe de extensas chairas, chamadas inadecuadamente mares.

A lúa efectúa, a súa vez, os movementos de rotación e de translación característicos. Emprega 28 días en dar una volta completa á Terra. A maiores, o movemento de rotación ten a mesma duración có de translación arredor da Terra. Por ese motivo, este movemento non se percibe desde a Terra, e a Lúa sempre nos amosa a mesma cara. 
                                                                           Alex Buceta

4 comentarios:

  1. esa lua a coñezo eu fun cando tiña tres anos

    ResponderEliminar
  2. ese alex como mola se merece una ola uele

    ResponderEliminar
  3. como mola o traballo de alex sobre a lua, é moi interesante a ver se fai algun traballo mais

    ResponderEliminar
  4. Así me gusta Alex, que amoses interese por algo que non sexa o futbol ou Messi.

    ResponderEliminar